(PPdeG) A Lusofonia nas propostas eleitorais para o 25-S na Galiza

Artigo principal: A Lusofonia nas propostas eleitorais…

Programa eleitoral do PPdeG

[…]

DIVERSIFICACIÓN E POTENCIACIÓN DOS ATRACTIVOS TURÍSTICOS DE GALICIA

[…]

  • Apostaremos pola fórmula “Un destino, 2 países”: Galicia-Portugal

[…]

XACOBEO

[…]

  • Dotaremos de albergues públicos nos novos camiños declarados: o Camiño de Inverno e o Portugués da Costa

[…]

XESTIÓN DO CAMIÑO DE SANTIAGO

  • Complementaremos as delimitacións dos Camiños: Portugués, da Vía da Prata-Camiño Mozárabe; de Inverno; e Fisterra/Muxía.

[…]

FOMENTAR E DIFUNDIR O USO DO GALEGO DESDE O QUE NOS UNE E NON DESDE O QUE NOS SEPARA

[…]

  • Fortaleceremos os vínculos coa lusofonía como posibilidade de internacionalización da nosa lingua

[…]

A LINGUA NO TECIDO ECONÓMICO

[…]

  • Posta en valor das vantaxes do galego como lingua que abre as portas á lusofonía.

[…]

A LINGUA NO ENSINO

[…]

  • Incrementar a presenza do ensino da lingua portuguesa en paralelo coa lingua galega, o que impulsará o carácter internacional da nosa lingua e o aproveitamento dos vínculos coa lusofonía.

[…]

ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA

[…]

A función dos profesionais da docencia é fundamental e a Administración educativa debe axudar e facilitar o seu desempeño.

  • Apoio aos docentes: Renovaremos e actualizaremos a formación do profesorado, tanto a inicial como a permanente:
    • […]
    • Apostando pola adquisición de novas competencias en linguas estranxeiras (INGLÉS E PORTUGUÉS) para que nun prazo de dez anos arredor de 1/3 do profesorado teña o C1.

[…]

UNS MEDIOS DE COMUNICACIÓN PÚBLICOS MODERNOS, INDEPENDENTES E PROFESIONAIS

[…]

  • Potenciaremos unha maior internacionalización dos contidos da CRTVG e, en consecuencia, da actividade do sector audiovisual galego, con especial atención ao espazo da cultura lusófona.

[…]

UNHA ESTRATEXIA GALEGA DE ACCIÓN EXTERIOR

[…]

Cooperación transfronteiriza

Para Galicia, Portugal forma parte da súa proxección natural, tanto polas fondas raíces do pasado que con este país compartimos, coma pola presente realidade dos intercambios e a cooperación. Un modelo de cooperación transfronteiriza que apostamos por seguir afondando, especialmente coa Rexión Norte de Portugal, coa que compartimos un marco estable de cooperación institucional a través da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, creada en 1991. Por isto:

[…]

  • Daremos máis pulo a iniciativas de cooperación como o programa IACOBUS, de cooperación cultural, científica e pedagóxica entre as universidades da Eurorrexión; os “Jobdays” para o fomento do emprego transfronteirizo; ou os encontros sectoriais (a través de incubadoras de empresas ou cooperativas) para o desenvolvemento dunha actividade económica eurorrexional sustentable. Ademais, sacaremos o máximo partido á “Lei Paz Andrade”, a lei para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía, que, á vez que valoriza o galego como unha lingua con utilidade internacional, promove ás relacións, a todos os niveis con Portugal e cos demais países de lingua oficial portuguesa.

[…]

[MOBILIDADE]

[…]

  • Promoverase a ampliación do Eixo Atlántico ata a fronteira portuguesa, rematando a conexión das principais cidades da fachada oeste peninsular.

[…]

+ Para mais informações:


Publicado

em

por

Etiquetas: