Terroristas incendiários

Talvez alguém se pergunte qual a razão de dedicar mais um artigo aos incêndios, sobretudo quando nos dous últimos dias parece ter remitido a crise e cairam também as primeiras pingas de auga.

Bom, pois direi que a razão essencial é que não podemos cair no erro de acreditar que está tudo solucionado. Neste país passou o mesmo após o «Prestige»: por alguma estranha razão, na cidadania foi crescendo um sentimento de pensar que já passara tudo, que já estava solucionado o problema.

Por muito que parte da massa crítica seguia afirmando que podia volver acontecer um outro «Prestige», o stablishment ocupou-se de vilipendiar e silenciar a disidência. Oxalá não se passe o mesmo com os incêndios no nosso País, esperemos que se tomem as medidas adequadas, se persiga os culpáveis e se consiga impedir novas catástrofes coma esta.

Este artigo está escrito em 16 de Agosto de 2006. Pois bem, em 19 de Agosto de 2005, eu dizia isto e isto. Reitero: oxalá que em Agosto de 2007 não tenhamos de volver aos lamentos.

terroristas_incendiarios


Publicado

em

,

por

Etiquetas:

Comentários

2 comentários a “Terroristas incendiários”

  1. Avatar de David
    David

    O outro día, un home de Cee dicía isto sobre os incendiarios:
    “Agora deberíanos pór a limpar os montes, e non metelos no cárcere para que coman gratis e xoguen ao fútbol.”
    Paréceme que ten razón…
    Un saúdo

  2. Avatar de marykinha
    marykinha

    Tal vez o problema radica en que no noso paí vivimos sempre ao dia e esquecemos rapidamente o que aconteceu nos dias previos ao que vivimos. O que agora fai falla e que os políticos, en vez de ir pasandose a pelota como veñen facendo dende sempre, inicien unha campaña de Prevención de Incendios, para que non voltemos a vivir unha oleada de fume como a que tivemso estes días pasados. Na miña humilde opinión, debería de voltar a crearse a figura do Garda Forestal, que sería o encargado de coidar que os montes están limpos para que no suposto caso de que houbese un novo incendio, a maleza non sexa a casuante do rápido avivamento do lume. Ademáis, e como organizacións ecolóxicas veñen reclamando dende fai tempo, deberan plantarse especies coma o castaño e o carballo que son más resistentes ao lume. E xa postos a pedir, porque non uns mellores medios para os bombeiros e corpos adicados a extinción de Lumes!!
    E para os pirómanos… traballos forzados de limpeza dos montes, posto que a xente, moitas veces non ten tempo ou cartos para limpar as fincas que teñen nos montes e o dos arrendamentos, polo que teño entendido, nos ultimos anos xa non é tan beneficioso como antaño!
    Bicos