Apostasia [II]

O outro dia recebi na casinha a resposta do Bispado à minha carta de apostasia. Colo-a na íntegra porque me deu preguiça escaneá-la…

BISPADO DE MONDOÑEDO-FERROL
VICARÍA XERAL

Ferrol, a 23 de febreiro de 2005

Moi señor meu:

Acuso recibo do seu escrito de Apostasía, recibido neste Bispado. En relación ó
seu escrito, debo dicirlle que, dado que o tema é o suficientemente serio, non
se pode tratar cun simple escrito sen máis garantías. Na normativa diocesana
sobre o tema, dise que a declaración ten que estar feita ou ben diante do
párroco ou do notario da Curia Eclesiástica. Pode vostede ou ben dirixirse ó
párroco de Santiago de Foz ou vir a Mondoñedo ou a Ferrol á Curia
Diocesana.

Por outra banda, debo dicirlle que non hai ningunha lista de bautizadoas, só hai
libros de actas que recollen o feito do bautismo, un feito histórico que
aconteceu un día e que non se pode negar, sen faltar á
verdade.

Outra cousa é o feito de pertencer ou non á Igrexa Católica. Isto é algo libre
de cada quen. E o feito de estar bautizado non significa necesariamente que
agora pertenza á
Igrexa.

Reciba un cordial saúdo

Asdo. Félix Villares Mouteira
Vicario Xeral

Com efeito, senhor Mouteira, estar baptizado “não significa necesariamente” que eu pertença agora à Igreja. Contudo, no plano simbólico sim, pois fum baptizado e participei em inúmeros ritos desta religião. Se redigi a carta de apostasia foi para isso mesmo, porque se já eu tenho consciência de não ser parte da Igreja Católica, queor que vocês também sejam conscientes do facto. Ser, será um assunto sério, mas muito mais sério e preocupante é o que se passa no interior da instituição na que vocês têm autoridade.


Publicado

em

,

por

Etiquetas:

Comentários

2 comentários a “Apostasia [II]”

  1. Avatar de Anonymous
    Anonymous

    Contigo aínda foron eduacados que a min fartáronse de dicirme na carta que me mandaron que era unha maleducada e unha irrespetuosa coa decisión de baptizarme que tiveron meus pais no seu tempo. E que cando me baptizaron non era obrigatorio e se o fixeron seria por algo.

  2. Avatar de Subcomediante H
    Subcomediante H

    Parabéns, apóstata!

    Nom sei quem foi o purpurado que inventou o argumento de que o baptismo é um “facto histórico” que nom pode ser apagado sem falsear a própria histórica.

    A isso pode-se responder que também é um facto histórico que eu em 2003 tinha um telemóvel da Telefónica, mas isso nom significa que hoje me podam contar entre os seus clientes ou incluir-me nas suas bases de dados.