resultados-galiza-2020


Publicado

em

por

Etiquetas:

Comentários

  1. Avatar de madeiradeuz

    Breve e belo texto do Jaureguízar (5/3/2018):

    O cadelo tras da flor

    Os discursos dominantes na gala dos Mestre Mateo foron os profetizados: traballo na terra, muller, idioma. A min interesoume outro. Como dixo o músico Germán Díaz, o que sae da alma á alma chega. A min chegoume á alma o discurso que pasou minúsculo, pero sentido, que lle dedicaron a Xosé da Flor os seus amigos, os amigos do sábado feliz de Dhogs.

    Coñecín a Xosé da Flor con fugacidade arrepentida. Traballou na recollida feira xornalística de Lugo. Fomos amigos tan tanxencialmente que non o chamaba Xosé da Flor, senón polo seu número de DNI, Xosé Salgado. Despois de marchar el, collínlle cariño do Facebook. Cada mañá do meu horario prusiano lía os seus deitares. Xosé narraba as risas que ceaba cos seus doghs de Meira, as preocupacións pola película que parecía un castelo na beira do mar -coa area das murallas caendo a cada pouco- a distancia dos amores que lles gustaban. Todas as entradas acababan cun ‘pumba e á cama!’. Hai uns meses un elemento do seu corpo deixou de funcionar. Agora deambulo cada mañá de Facebook coma un can que perdera o olfacto da primavera.

    https://www.elprogreso.es/blog/jaureguizar-nacion-portatil/o-cadelo-tras-da-flor/201803051359091298936.html

  2. Avatar de madeiradeuz

    Ainda que já citado, formoso também o artigo do amigo Suso López:

    https://praza.gal/opinion/un-pumba-eterno

Deixe uma resposta

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios marcados com *