(PSdeG) A Lusofonia nas propostas eleitorais para o 25-S na Galiza

Artigo principal: A Lusofonia nas propostas eleitorais para o 25-S na Galiza

Programa eleitoral do PSdeG

[…]

A MODERNIZACIÓN ECONÓMICA DE GALICIA

[…]

SOLO EMPRESARIAL

[…]

ESPECIALIZACIÓN, COMPLEMENTARIEDADE E POLÍTICAS TRANSVERSAIS NO SOLO INDUSTRIAL

[…]

O fomento das complementariedades coa rexión norte de Portugal é un dos ámbitos nos que queda moito camiño por percorrer, a pesar de que se teñen desenvolvido moitas iniciativas amparadas pola Unión Europea, en gran parte polo seu éxito desigual. A crise económica ós dous lados da fronteira no marco da propia dinámica internacional propiciou un descenso das relación industriais transfronteirizas con respecto ás que existían hai uns anos. Cómpre afondar nas sinerxías e complementariedades das dúas economías.

Así mesmo, debemos comezar a ver e deseñar os parques e áreas empresariais como un todo, no que debemos preocuparnos tamén polas súas dotacións e espazos, aplicando políticas transversais para conseguir un triplo obxectivo: parques ecoeficientes, parques concialiadores e parques conectados e dixitalizados.

[…]

2. Estudaremos, coa administración portuguesa, a través dos mecanismos de cooperación transfronteiriza da rexión Galicia – Norte de Portugal, como o eixe atlántico, as posibles complementariedades de dotacións industriais e polígonos empresariais especializados.
[…]

INDUSTRIA

[…]

MELLORAR A COMPETITIVIDADE DOS FACTORES PRODUTIVOS CLAVE

[…]

2. Impulsar a redución dos custos loxísticos apuntalando os corredores ferroviarios cara a Portugal e ao Ebro, favorecendo o transporte intermodal, e potenciando as solucións TIC para a optimización de custos e tempos na loxística de aprovisionamento e expedición.

[…]

MEDIO RURAL: O NOSO COMPROMISO COA AGRICULTURA, A GANDERÍA E A POLÍTICA FORESTAL

[…]

AGRICULTURA

[…]

5. […] Plan de promoción dos viños galegos nas escolas de hostalería e gastronomía de España e Portugal.

[…]

INTERNACIONALIZACIÓN

[…]

Cabe tamén poñer sobre a mesa a necesidade de ter unha estratexia propia a nivel internacional baseada non só na estratexia-país, senón tamén na estratexia-interterritorial, por exemplo, en relación aos países de fala portuguesa ou países CPLP, potenciais mercados de interese crecente a tenor das cifras de crecemento do PIB destes países e cos que nos une un enfoque cultural en que a proximidade do galego co portugués nos ofrece vantaxes competitivas. Sobre todo tendo en conta que estes países e territorios representaron nos últimos anos entre o 12-17% da exportación galega, segundo os datos do Instituto de Comercio Exterior (ICEX).

[…]

TERRITORIO E MEDIO AMBIENTE

[…]

INFRAESTRUTURAS DO TRANSPORTE: FERROCARRÍS

[…]

1. Impulsar as melloras da rede de ferrocarrís no territorio galego, priorizando a conexión do interior galego e da cidade de Lugo, así como completando o eixe atlántico no tramo Coruña-Ferrol e Vigo-Portugal.

[…]

ADMINISTRACIÓN, INSTITUCIÓNS E REXENERACIÓN DEMOCRÁTICA

[…]

MEDIOS PÚBLICOS

[…]

14. Potenciación da cultura galego-portuguesa a través das radios e televisións públicas. Permitir a reciprocidade das emisións televisivas e radiofónicas entre Galicia e Portugal, e dar cumprimento á Lei 1/2014, de 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía.

[…]

ACCIÓN EXTERIOR

[…]

6. Requirir, ao abeiro das disposicións do Estatuto, que Galicia forme parte da Comunidade de Países da Lingua Portuguesa (CPLP). Unha comunidade que pode converterse nunha das plataformas principais para o diálogo e cooperación norte- sur da nova estratexia de Acción Exterior de Galicia, Cooperación Galega e os Fondos Galego de Cooperación ao Desenvolvemento para a aplicación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 2015-2030, recentemente aprobados pola ONU.

[…]

CULTURA E IDENTIDADE

[…]

OS CONSENSOS LINGÜÍSTICOS E A LINGUA GALEGA COMO OPORTUNIDADE NO MUNDO

[…]

A lingua […] é unha poderosa ferramenta que nos permite chegar aos 260 millóns de persoas da comunidade lusófona repartidas polo mundo, conectando coa comunidade lusófona e sendo tamén unha oportunidade de negocio, un feito que debe servir para seguir impulsando a relación do galego coa lingua portuguesa.

No ano 2015, case o 17% das exportacións galegas se dirixiron cara a países de fala portuguesa. O galego é un factor que suma, e moi especialmente en mercados moi competitivos e menos saturados que os europeos: América latina, Asia e África, nos que ten presenza a Comunidade de Países de Fala Portuguesa (CPLP), da que Galicia xa é país observador. Unha vantaxe que, aproveitada de xeito eficiente, abre grandes posibilidades para Galicia, como demostrou a unanimidade amosada na aprobación da Lei 1/2014, de 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía, polo que é preciso impulsar medidas de apoio á lingua no eido económico, e proxectar un enfoque estratéxico de Galicia en colaboración cos departamentos que dirixan a acción exterior e a internacionalización económica de Galicia cara a eses países, como outro factor máis de competitividade.

Economía, lingua e cultura conflúen para abrir portas ás nosas institucións e empresas nos cinco continentes.

Propostas concretas

1. Impulsaremos un Pacto pola lingua que integre todas as forzas políticas e a sociedade civil, do que formen parte as principais institucións e entidades vencelladas á lingua galega (Real Academia Galega, Consello da Cultura Galega e Instituto da Lingua Galega) para acadar o necesario consenso en materia lingüística, no que a lingua se converta no elemento de unión e cohesión da cidadanía. Para iso, modernizaremos o Plan de Normalización da Lingua Galega e dotarémolo economicamente, desenvolvendo políticas singularizadas para reverter a perda de galegofalantes. Así mesmo, procuraremos un enfoque estratéxico do galego como elemento de competitividade e oportunidade, abrindo as fiestras que o mundo da lusofonía nos ofrece.

[…]

EMIGRACIÓN

[…]

CULTURA

[…]

6. Elaborar e executar campañas de concienciación entre o empresariado galego tendentes a que interioricen que a nosa lingua é un valor rendible se se utiliza como unha ferramenta de internacionalización, e é unha vantaxe competitiva para interactuar nun mercado de máis de 200.000.000 de potenciais clientes nos países lusófonos, que foron, tradicionalmente, e seguen a ser, unha saída natural para as empresas galegas.

 

+ Para mais informações:

www.000webhost.com