(En Marea) A Lusofonia nas propostas eleitorais para o 25-S na Galiza

Artigo principal: A Lusofonia nas propostas eleitorais para o 25-S na Galiza

Programa eleitoral de En Marea

[…]

Desenvolver as nosas potencialidades

[…]

37. Intermodalidade do transporte. A necesaria e demandada intermodalidade do transporte esixe o desenvolvemento paralelo de diferentes modelos de mobilidade, a fin de acadar unha mellora loxística que reforce a competitividade da industria. Neste sentido, resulta preciso:

— Esixir a priorización dun transporte de mercancías competitivo tanto cara Portugal, como cara a Meseta e Europa. Medida que en conexión doa rede de cabotaxe permitiría dinamizar os portos secos de Monforte e Salvaterra-As Neves.

[…]

Turismo de calidade

[…]

104. Corrixir a inconexión atlántica. Ao longo do Atlántico, de Portugal a Noruega, existen elementos de un relato común, dunha cultura compartida, elementos de recoñecemento que facilitan a aproximación ás distintas culturas que forman está área. Sen embargo, existe unha aínda escasa atención as demandas dos turistas desta área que debe ser especificamente corrixida.

[…]

Educar con calidade para termos futuro

[…]

133. Impulso á competencia multilingüe baixo enfoques adaptados á nosa realidade sociolingüística. Deseñaremos proxectos lingüísticos que garantan a competencia multilingüe, de tal forma que se adapten ás características dos centros escolares e a súa contorna: proxectos integrados de linguas, cambios metodolóxicos na ensinanza, desdobres de grupos, etc. Poremos en práctica programas bilingües e multilingües orientándoos ao alumnado e evitando que sexan usados para o seu empobrecemento científico ou para minimizar a presenza da nosa lingua no currículo académico. Estamos comprometidos coa formación do profesorado e o apoio e asesoramento por parte da inspección educativa. Levaremos a cabo un esforzo sostido na promoción do portugués como segunda lingua estranxeira optativa na xeneralidade dos centros de educación secundaria.

[…]

Reformulación dos sectores culturais

[…]

318. Promoción exterior da nosa cultura. Fomentaremos a promoción exterior da cultura galega e creación de pontes de dialogo a nivel local e internacional en especial con Portugal, aproveitando as relacións xa existentes entre sectores creativos de ambos os dous países, creando programas culturais de reciprocidade.

[…]

Potenciando e recuperando o talento científico e investigador

[…]

351. O galego, protagonista no entorno mediático Na nosa comunidade, a lingua e cultura propias están claramente discriminadas no ámbito mediático. Cómpre desenvolver plans transversais que abrangan a totalidade da acción do goberno e que sexan eficaces na defensa da cultura galega. Entre outras accións, converteremos a Radio Galega Música nunha emisora de música galega e lusófona que divulgue música moderna de todos os países do noso ámbito cultural.

[…]

O noso lugar no mundo.

Galicia é un país atlántico situado no sur de Europa, ponte entre a Hispanofonía e a Lusofonía, cunha importante comunidade emigrada tanto no vello continente como en América. Todas estas particularidades implican a necesidade de que o goberno galego desenvolva unha acción exterior que nos sitúe no mundo. Unhas políticas públicas que superen as debilidades actuais, que aproveiten as oportunidades derivadas da nosa situación privilexiada, e que ofreza unha planificación estratéxica a medio-longo prazo. Nun mundo cada vez máis complexo cómpre simultanear accións políticas, económicas, culturais ou sociais que aproveiten as nosas potencialidades, sobre todo as relacionadas coa nosa pertenza á Unión Europea, na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

414. Avanzar na presenza internacional galega. Desde En Marea desenvolveremos todas as potencialidades que recolle o propio Estatuto de Autonomía, nomeadamente o artigo 35.3, e difundiremos a realidade e especificidade galegas no mundo, proxectando a personalidade internacional de Galicia mediante o pleno desenvolvemento das competencias. Conforme ao principio de subsidiaridade, Galicia poderá asinar convenios ou acordos con outras entidades (estatais ou subestatais) en materias da súa competencia. Nomeadamente, terá a capacidade específica de formalizar acordos transfronteirizos no marco da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. A Comunidade Autónoma transporá directamente as Directivas europeas no ámbito das súas competencias.

[…]

416. Potenciación da Eurorrexión. O eixo Galicia-Norte de Portugal resulta unha prioridade da política exterior galega en todos os ámbitos. A eurorrexión debe actuar como un organismo real de diálogo entre os gobernos galego e portugués, e por iso traballaremos en contidos concretos que potencien esta colaboración institucional. Impulsaremos o desenvolvemento do Eixo Atlántico, reforzándoo con novas comisión sectoriais en materias de transporte e infraestruturas ou cultura, e incorporando, máis alá das administracións locais, ás distintas universidades e axentes sociais. Paliaremos a desatención estatal nas comunicacións co país veciño, en particular por ferrocarril (liña Vigo-Porto).

[…]

419. Compromiso por unha maior promoción exterior das institucións culturais galegas. Para que unha cultura goce de boa saúde, é preciso alimentarmos o seu coñecemento e contactos no exterior. Incentivaremos as relacións das institucións culturais galegas coas súas homólogas, con especial atención ás dos nosos contextos culturais e lingüísticos mais próximos, como é o caso de Portugal. Apoiaremos a programación conxunta e os intercambios no ámbito artístico, tanto de institucións autonómicas como de xestión municipal (CGAC, MARCO, Auditorio de Galicia, etc).

[…]

Galega e universal

En galego estamos no mundo. A lingua propia do país é a nosa maior obra colectiva e por iso debemos darlle unha atención preferente. Un idioma que permite a comunicación mais próxima e que tamén é unha xanela que abre camiños globais e favorece especialmente unha relación fluída cos países lusófonos. Promoveremos o uso transversal do galego en todos os ámbitos a través dunha galeguización íntegra da administración pública galega, tanto nas actividades internas como externas. Actualizaremos as ferramentas dispoñibles, así como o discurso lingüístico, para adaptármonos á situación actual e co obxectivo de apostar polo galego como lingua de cohesión social.

[…]

424. Desenvolvemento integral da Lei Paz Andrade. A Lei de aproveitamento dos vínculos coa Lusofonía foi aprobada por unanimidade na lexislatura anterior, a partir dunha ILP que contou con 17.000 sinaturas de apoio. Aínda así, o goberno do PP non ten realizado un desenvolvemento serio desta lei polo que, amparándonos no texto lexislativo, introduciremos o portugués nos ensino medio creando as necesarias prazas de profesorado para impartilo. Ofertaremos lingua portuguesa en todas as EOI de Galicia. Estreitaremos e sistematizaremos a colaboración entre a TVG e a RTP con trocos de audiovisuais e garantindo a recepción recíproca en ambos países. Compraremos ou produciremos un programa de televisión para ensinar portugués adaptado á cidadanía galega, como complemento á realización das pertinentes xestións para a recepción do sinal das televisións portuguesas no territorio galego. Promoveremos que a acción exterior do goberno galego teña especial foco na Lusofonía solicitando o acceso e incorporación naqueles nos que sexa admitida Galicia.

 

+ Para mais informações:

www.000webhost.com