(CxG) A Lusofonia nas propostas eleitorais para o 25-S na Galiza

Artigo principal: A Lusofonia nas propostas eleitorais para o 25-S na Galiza

Programa eleitoral de CxG

INTRODUCCIÓN

[…]

Temos tamén, como obxectivo, para un novo modelo económico e social achegar a Galicia ao mundo. Unha Galicia que xuntamente con Portugal, atopámonos, estratexicamente, nunha situación única para emprender aventuras e parceiras comerciais com socios empresariais e institucionais de ambas marxes do Atlántico e chegando ata Extremo Oriente. O movemento principal da nosa estratexia de País ten que estar en virar moito mais cara o mar a nosa escenografía no mundo e aproveitar todo o noso atlantismo, que nos pode unir tanto com Portugal, como con todo o mar. O noso Pais non ten paredes, o noso Pais ten fiestras que ollan ao mar. Unha estratexia de Pais, que temos que combinar com uma visión da euro-rexión Galiza-Norte de Portugal, ollando alén do norte, ollando ao noso veciño como un todo, onde debemos partillar infraestruturas e tecnoloxías fundamentais e presentar os mais dos proxectos conxuntamente, como un espazo socio-económico único e chegar de este modo a unha grande proxección no mundo.

[…]

COMPROMISO CO AUTOGOBERNO. GALICIA É IMPORTANTE

[…]

ORDENACION DO TERRITORIO: INFRAESTRUTURAS E TRANSPORTES

A acción do noso goberno centrará as súas políticas nunha planificación en materia de artellamento territorial e das comunicacións que aposte no espazo atlántico europeo, pola conexión directa cos centros económicos e políticos europeos e internacionais, sendo principalmente a conexión con Portugal, como espazo económico e social común, un dos nosos obxectivos fundamentais. O aumento dos fluxos, empresariais, laborais, sociais, culturais,… Temos que aplicar o Estatuto de Autonomía de Galicia, vixente desde 1981, para o que realizaremos o traspaso inmediato da xestión directa de todas as comunicacións internas de Galicia.

[…]

O NOSO SECTOR EMPRESARIAL: MULLERES E HOMES COMPROMETIDOS CO PAIS

[…]

A MARCA GALICIA: SITUAR A GALICIA NO CENTRO. GALICIA É IMPORTANTE.

[…]

A nosa aposta pola internacionalización das nosas empresas é cerne da nosa política empresarial, para isto crearemos, en apoio ao organismo único para a internacionalización, unha rede galega de delegacións comerciais nos novos mercados emerxentes, prestando especial atención a aqueles que pertencen á lusofonía, facilitando canles para a internacionalización da economía galega, dando apoio á promoción no exterior e á mellora da imaxe das empresas con vontade exportadora.

[…]

A GALICIA DA INDUSTRIA: COMPROMISO COS NOSOS SECTORES INDUSTRIAIS, O COÑECEMENTO E A SUSTENTABILIDADE.

A POLÍTICA INDUSTRIAL: INNOVACIÓN E COMPETITIVIDADE

[…]

As nosas industrias teñen no mercado da eurorrexión a maioria dos seus socios e “partners” comerciais, desde os poderes galegos, impulsaremos a conectividade da zona económica, social e cultural que comprende a Galicia-Norte de Portugal, establecendo as canles para alongar estas relacións a todo o Portugal continental e por continuidade aos mercados emerxentes que forman parte da comunidade da lusofonía.

[…]

GALICIA UN PARAISO DA AUGA E DO VENTO: O TURISMO COMO FORZA PROPIA.

O TURIMO COMO FORZA TRACTORA DA SUSTENTABILIDADE E DA NOSA ECONOMÍA.

[…]

Dentro da internacionalización da nosa oferta turística, temos que xogar un papel conxuntamente co norte de Portugal, como un dos mellores destinos de turismo cultural da Europa. Os restos civilizacionais desde os castros da Mariña Lucense, até os restos romanos de Conimbriga dan conta dun pasado común, ao tempo que permiten ao observador ollar os nosos costumes e as nosas atávicas coincidencias culturais, resultado da convivencia milenaria de diversas civilizacións nos nosos territorios.

Outra importante estratexia, que faremos por facer conxuntamente co Norte de Portugal é achegar unha rota internacional de enoturismo da Ribeira Sacra á ribeira do Douro, potenciando un dos sectores do turismo mais emerxentes e que maior valor engadido achega na comunidade local.

[…]

POLÍTICAS CULTURAIS E LINGÜÍSTICAS: O NOSO SER NO MUNDO

A NOSA ESTRATEXIA DE PAIS, A NOSA CULTURA DE PAIS

[…]

Como fundamento para unha maior relevancia da nosa industria cultural, e xunto dunha visibilidade maior da internacionalidade da lingua e da cultura galegas, levaremos para adiante a lei aprobada no Parlamento galego, cos recursos orzamentarios precisos, e que xurdiu da iniciativa lexislativa popular Valentín Paz-Andrade.

[…]

AS EMPRESAS CULTURAIS: MOTOR PARA A VANGARDA, MOTOR PARA A TRADICIÓN

[…]

Chegou a hora de que nós, as e os galeguistas, desde o goberno galego, aproveitemos os vencellos con outras culturas do exterior e coa comunidade galega no exterior para mellorar a conectividade como liña estratéxica da cultura galega principalmente coas comunidades galegas no exterior e sen dúbida coa comunidade de PALOP´S e toda a lusofonía, o mundo céltico, comunidades culturais menores ou a Latinoamérica. Artellaremos unha plataforma de proxección cultural cara ao exterior.

O galeguismo de CxG achega unha fiestra de oportunidade para a nosa cultura e para as nosas aventuras empresariais no mundo, procurando un estreitamento profundo das relacións con Portugal, como noso veciño no sur e ponte cara toda a lusofonía e particularmente co Brasil como economía emerxente.

[…]

POLÍTICAS PARA UNHA LINGUA MINORADA: O GALEGO LINGUA DO PAIS, O GALEGO LINGUA DO MUNDO.

[…]

Procuraremos o consenso cos sectores implicados para a implantación progresiva dos Programas Integrados de Linguas, única vía efectiva de que o alumnado aprenda a lingua propia e desde ela adquira outras linguas. Comezaremos o camiño na “multiglosia consciente” nos centros educativos; facendo visibles aos idiomas de uso próximo: galego, portugués e español.

[…]

O PORTUGUÉS; UNHA ESTRATEXIA INTERNACIONAL PARA O GALEGO.

Desde vello é que é unha das premisas do galeguismo: “o galego floresce en Portugal”. Este sempre foi un achegamento enriquecedor a Portugal, tanto no cultural, como desde unha perspectiva da historia ou unha perspectiva de apertura de novos mercados.

Desde os poderes públicos galegos dirixidos pola nosa acción política, de acordo á lei 1/2014, promoveremos o coñecemento da lingua portuguesa e das culturas lusófonas para afondar nos vencellos históricos que unen Galicia cos países e comunidades de lingua portuguesa. Estas relacións teñen un fondo carácter estratéxico para Galicia, tanto no económico como no social, nun marco que corresponde mais aló da Eurorrexión, levando ao seu alongamento a todo Portugal.

Neste sentido dotaremos de orzamento e dos medios necesarios para o cumprimento da Lei 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía, aprobada no Parlamento de Galicia.

Introdución do Portugués como segunda lingua curricular en todos os centros de ensino dependentes da Xunta, co obxectivo de potenciar o coñecemento do galego como porta aberta ao portugués, que tantas saídas laborais e económicas vai ofrecer nos vindeiros anos. Vixiaremos a aceptación da diversidade ortográfica actual do galego, nas diversas versións RAG, AGAL e padrão, pulando por medidas que acheguen en dereitos aos utentes das diversas opcións.

O galego é lingua internacional, os e as galeguistas de CxG, recollendo os traballos dos primeiros galeguistas achegaremos as medidas políticas e socias no sentido de achegar os usos e formas da nosa lingua á comunidade lingüística formada polos países da Lusofonía. O goberno galego de CxG dará os impulsos precisos para a inclusión da Galicia como pais oficialmente integrante da Comunidade de Países de lingua portuguesa (CPLP).

A Xunta de Galicia gobernada polas xentes galeguistas, promoverá e estimulará ante o goberno do estado e as institucións comunitarias precisas, a adopción de cantas medidas positivas resulten necesarias para a aplicación das disposicións da Directiva 2007/65/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de servizos de medios audiovisuais sen fronteiras, co fin de favorecer e permitir a reciprocidade das emisións televisivas e radiofónicas entre a Comunidade Autónoma de Galicia e a República de Portugal, coa que partillamos patrimonio lingüístico.

O noso compromiso estará na creación dunha terceira canle de TVG, con contidos infantís e xuvenil e en horario adulto contidos culturais; con preferencia ás producións propias do espazo da lusófonia.

[…]

O DEPORTE: PIAR PARA UNHA EDUCACIÓN COMPLETA E UNHA CIDADANÍA SAÚDABLE

[…]

O DEPORTE COMO SECTOR DE IMPULSO ECONÓMICO.

[…]

Torna fundamental a creación dunha rede de ciclovias polo noso Pais e procurar a inclusión de Galicia no programa europeo “Erovelo”, onde debemos ser un dos referentes para a creación dunha ruta Atlántica na Península Ibérica e a vertebración da mesma a través dos órganos transfronteirizos: Eixo Atlántico e Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal.

 

+ Para mais informações:

www.000webhost.com