(BNG) A Lusofonia nas propostas eleitorais para o 25-S na Galiza

Artigo principal: A Lusofonia nas propostas eleitorais para o 25-S na Galiza

Programa eleitoral do BNG

1 Soberanía: única saída para conquistar un futuro de igualdade, traballo e democracia

[…]

PRINCIPIOS PARA UN MARCO GALEGO DE LIBRE DECISIÓN

[…]

—Podermos exercer libremente relacións internacionais propias, entre outras cousas para negociar directamente acordos económicos con terceiros países ou para podermos aproveitar o inmenso potencial neste ámbito do mundo lusófono.

[…]

5. Servizos públicos de calidade

[…]

B. ENSINO

[…]

Outras propostas:

[…]

—Ampliar e estender a rede das escolas oficiais de idiomas, mediante a creación de novos centros e/ou da ampliación dos existentes, fomentando dun modo especial o estudo da lingua portuguesa.

[…]

—Promover o estudo da lingua portuguesa nos centros de ensino. A súa oferta será obrigatoria en todos os centros de ensino.

[…]

Universidade galega

[…]

—Incentivar e apoiar o estabelecemento de vínculos académicos e de investigación internacionais coas universidades do ámbito lusófono.

[…]

8. ORDENACIÓN DO TERRITORIO E TRANSPORTE

[…]

—Potenciación da eurorrexión Galiza-Norte de Portugal. Regulación dos instrumentos de ordenación territorial, determinación das áreas de intervención no que atinxe ao carácter público, privado ou mixto das implantacións no territorio e equilibrar o asentamento poboacional no territorio.

[…]

9. LINGUA

[…]

—Mantemento dunha política activa de intercambio e promoción de produción cultural entre Galiza, Portugal e o resto dos países de expresión galego-portuguesa, na procura da normalización e internacionalización da cultura expresada no noso idioma. Recepción en todo o territorio galego, cando menos, do sinal da Radio Televisión Portuguesa e emisión da CRTVG para Portugal.

—Incorporación da oferta de lingua portuguesa en todos os centros de ensino do noso País, programas de capacitación e actualización para o profesorado de lingua(s) e incorporación de prazas específicas de portugués nas ofertas públicas de emprego.

[…]

10. CULTURA

[…]

—Políticas específicas para promover a presenza internacional da nosa produción cultural. Nese sentido, será prestada especial atención ao cultivo das relacións culturais bilaterais cos países de lingua portuguesa, atendendo á divulgación de obras e actividades deles na Galiza tanto como a procurar a presenza da cultura galega neses países cos que compartimos lingua.

[…]

12. MEDIOS PÚBLICOS PARA UN ESPAZO GALEGO DE COMUNICACIÓN

[…]

—Aplicación efectiva da Lei Paz-Andrade. Esta norma, aprobada por unanimidade no Parlamento da Galiza, debe ser aplicada de forma consecuente en todos os seus aspectos. Por tanto, tamén no que atinxe aos intercambios na comunicación entre a Galiza e Portugal e á recepción no noso País das radios e televisións portuguesas.

13. DEPORTE, ACTIVIDADE FÍSICA E TEMPO LIBRE

[…]

—Realizar unha planificación de eventos deportivos na Galiza, coordinando as distintas administracións deportivas, así como promover a participación de deportistas galeg@s en eventos internacionais, especialmente no ámbito lusófono e iberoamericano.

[…]

14. GALIZA NO MUNDO

[…]

1. A defensa dos intereses económicos galegos a través da negociación directa de acordos económicos con terceiros países e para podermos aproveitar o inmenso potencial neste ámbito do mundo lusófono.

[…]

A. RELACIÓNS INTERNACIONAIS

[…]

Promoveremos unhas relacións comerciais e de cooperación económica entre as distintas nacións do mundo que partan da especificidade de cada unha e da complementariedade fronte á competición, dado que ese é o xeito de que poidan ter vantaxes para todos os parceiros das mesmas.

Neste ámbito prestaremos unha atención especial a aqueles países que posúen unha comunidade importante de orixe galega e á comunidade de países lusófonos pois a lingua como elemento cultural común é unha vantaxe para establecer outro tipo de relación.

 

+ Para mais informações:

www.000webhost.com