‘Cachorro’ do Ñ

Graças à estensão das novas tecnologias, e sobretudo da internet, o isolacionismo está chegando a gente cada vez mais nova. Esse é o caso do protagonista da entrevista de hoje, um moço de 17 anos que foi captado (como ele mesmo assegura) para a causa isolacionista enquanto procurava na rede respostas sobre a questão linguística galega… ‘Xián’ -nome fictício deste menor de idade- volveu-se isolata quando tinha apenas 12 anos e redescobria a língua galega. Não foi a opção normativa que mais o convenceu, mas “a que mais me convinha”, assegura

cachorro do enheDo que menos gosta é de que se identifique o isolacionismo com certas tendências políticas, mas contudo vê-lhe futuro a isso de escrever com Ñ: “A menos galego-falantes na Galiza, tocamos menos a repartir”. Assim opina Xián, um dos ‘cachorros’ do Ñ.

Galeguzo: Conta-me, Xián… como foram os teus primeiros contactos com o isolacionismo?

Xián: Os meus primeiros contactos co isolacionismo foron cando eu empecei a falar galego de novo, fai cousa duns seis anos, e cando tomei contacto coa conciencia lingüística, por así o dicir.

Galeguzo: Então foi quando só tinhas 11 anos! E como foi tudo?

Xián: Pois é unha história un chisco complicada, o sea… Eu sou fillo de nai galego-falante e pai castelán-falante, e vivo nunha vila media bastante castelanizada. Cando cheguei á escola, con catro anos, era dos poucos galego-falantes, pero logo me pasei ao castelán, non fixeron falta moitos días.

A cousa continuou así hasta máis ou menos os once anos, cando me xuntei cunha peña que molaba moito e falaba galego. Así foi como volvín falar galego, aínda que non foi do día prá noite, senón que houbo unha etapa de bilingüismo. Pero tamén tuven unha revelación familiar, por parte de meu pai, de que el abandonara o galego sendo moi mozo porque pensou que así lle iría mellor na vida… bueno, unha tontería.

Galeguzo: Mas estás-me a falar de um novo contacto com a língua… Quando che deu polo isolacionismo? Como foi o primeiro contacto?

Xián: Pois polo isolacionismo deume… bueno, fará cousa de dous anos. Eu só conocía o isolacionismo, claro, polas clases de gallego e tal, pero xa que adoptaba unha decisión tan crucial como a de cambiar de lingua, quería ter toda a información posible.

Eu coido que todo galego-falante que teña verdadeira conciencia lingüística (algo que en Galicia non sobra), e que estea orgulloso de falar a súa lingua e de traballar porque esta ocupe máis espacios da súa vida, dará co debate normativo. Eu cheguei a el a través da navegación pola rede e comecei a me informarme das diferentes posturas. Logo vin debates na rede sobre a cuestión normativa e comparei, e elixín a que me conviña máis (aínda que non me convencese tanto). Pódese dicir que fun captado e reclutado virtualmente.

Galeguzo: E quais foram os motivos que te decidiram por esta opção e não outra?

Foi sobre todo o do nome, sabes? Porque… o sea, oficialmente me chamo Julián e quería saber como tería que ser, se Xulián, Xián ou como no caso de ser galego-falante xa pra sempre. E bueno, cando vin que as opcións reintegracionistas eram Jiao, Jião ou mesmo Julião, a verdade é que non me gustou nada, porque a letra jota nunca me acabou de convencer… Ademáis, Xián ou Xulián, con X, deixa ben claro que son galego e galego-falante. E dentro das dúas, optei por Xián, que soa máis enxebre, o sea, máis galego. Tamén houbo outras cuestións, pero esta pesou moito.

Galeguzo: Então, na escola ninguém na escola ninguém che tinha falado de outras opções… Só as topaste na internet e pola tua conta…

Xián: Pois sí… O individualismo galego che é o que ten.

Galeguzo: E quando comentas estes temas com a gente da casa, amizades… o que che dizem?

Xián: Pois… che hai de todo, pero en xeral é un tema que non lle interesa a ninguén. Ou se fala galego ou se fala castelán, pero non predomina o debate normativo, agás con algúns amigos. Eu, polo de agora, xa logrei tres adeptos máis para a causa, que anque polo de agora falan castelán, xa comezan a usar o galego como idioma escrito.

Galeguzo: Recrutaste já três moços da tua idade?

Xián: Sí, dúas mozas e un portugués, XD.

Galeguzo: E isto de empregar norma isolata não lhes representa um impedimento, por exemplo, nos estudos? Não lhes ia melhor com o castelhano?

Xián: Bueno, ao estudiar uso o castelán, que é o idioma no que penso (pero xa cada vez menos), e algunha cousa teño xa en isolata. Se falamos de atrancos, bueno, unha profesora restoume unhas décimas por interferencias galego-castelán nunha proba escrita, pero considero que teño capacidade para os dous idiomas. O sea, me podo defender.

Galeguzo: Deixando o debate entre línguas e voltando para o normativo… Algum professor permitiu-che escrever nalguma outra norma diferente da isolata? Davam-che opção?

Xián: A verdade é que non. Esa foi outra cuestión pola que, por comodidade e practicidade, non quixen facer moitos experimentos. Fun ao seguro, a chegar e encher.

Galeguzo: Bem sei que depende dos contextos, mas em que percentagem te sentes representado polo galego isolacionista?

Xián: Como ben dis, depende. Pero bueno, como eu pasei unha parte moi importante da miña vida falando castelán, precisamente os anos nos cales os nenos adquiren as capacidades da fala… Dalgún xeito o galego foi para min unha lingua aprendida, polo que me teño que sentir igual de identificado ou representado no galego isolacionista como o estou co inglés que aprendemos no instituto.

Galeguzo: Mas se falas com alguém de Carnota ou de Meira, não tens dúvidas de que é a mesma língua, ou?

Xián: Si, claro… anque bueno, se me falan moito con gheada e con seseo aínda o tería que pensar un pouco XD XD XD.

Galeguzo: Deduzo logo que no teu modelo de língua oral nunca dirias cousas como “corasón“…

Xián: Se cadra por facer a coña e tal, pero bueno, falando normal non, claro que non.

Galeguzo: O pessoal nota que és isolacionista polo jeito de falar?

Xián: Pois non che sei… hai quen di que son algo deixado, pero bueno, o importante é intentalo, ou? 😀

Galeguzo: Veste escrevendo e falando isolata em… 16 ou 21 anos? Achas que o isolacionismo tem futuro?

Xián: Certamente. A menos galego-falantes en Galicia, menos a repartir. E malo será non dar quitado algunha oposición na Xunta, que son moi estudoso!

Galeguzo: Já para acabar… para ti, que é o pior do isolacionismo?

Xián: O que menos me gusta é que haxa tanta xente apoiando esta opción e que a inmensa maioría estea tan pouco comprometida con este país. Pódese ser do PP, do BNG e do PSOE e ser igualmente isolacionista, pero sen que no fondo che importen ben pouco o galego ou Galicia. Claro que iso tamén ten unha lectura boa, e é que en isolata pódense expresar calquera tipo de ideas, mesmo as nazis. O isolata funciona, fágame caso!

  • – a miña entrevista ao mozo reintegrata é REAL ( //web.archive.org/web/20090630160042///alema.org/2008/12/14/ [PDF] )… isto é un calcetín revirado non se sabe con que obxectivo… 😀

    – o termo “isolacionismo”, “isolata”, etc. é só de uso reintegracionista. os independentistas non nos chamamos a nós mesmos “isolatas” nin cousas polo estilo.

    – o tema de “máis a repartir” será obxecto dun artigo pormenorizado en alema.org… porque non é altruísmo todo o que reloce… y hasta ahí puedo leer

    – encántame que lle coloque mal a “xián” os pronomes. é que o pobre non fala en “isolata”, fala en realidade en “brasileiro”. dicir “o individualismo galego che é o que ten” é perfectamente válido para un reintegrata, pero non para un independentista.

    – poderán expresarse todo tipo de ideas en “isolata” pero os nazis son todiños seus, simboloxía incluída 😉

    – xián non debería levar acento, ou si? é un monosílabo, creo.

  • ah! e o de asociar reintegracionismo coa defensa do idioma en plan “somos os únicos e os máis chachi-pirulis” xa cheira…

    polo feito de que creen vostedes “reservas para falar o galego” non son máis patriotas. hai xente que fala galego todo o tempo e que non se dá tanta importancia… e son moreas! pero non se colgan constantemente medallas nin afogan no vaso de auga de “o galego vai desaparecer, corramos desesperadamente cara ao portugués”

    • Ah, mas… nesta entrevista (ou nalguma outra) falei de que só o reintegracionismo defende o país e o galego? 😀

      (Ah, e tens provas de que a entrevista seja falsa? 😀 😀 :D)

  • Todos meus? Ouça, sem faltar, que de nazis não quero saber nada 🙁

    Os únicos nazistas e fascistas organizados no nosso país, além do castelhano usam o galego isolacionista, assim que serão seus 😛 Falo de IDENTIDADE GALEGA, partido ou pseudo-partido que tamém utiliza toda essa simbologia “identitária” (nazista), desde a mal-chamada “cruz sueva” à águia mirando para o ocidente… Por não falar em que o seu logótipo é uma variação pouco disimulada da esvástica (//tbn0.google.com/images?q=tbn:DLj42Z0t_uiWpM://www.elecciones.mir.es/generales2008/candidaturas/logos/0141.png).

    Antes tinham o sítio web identidadegalega.org (ou algo similar), mas agora utilizam um simples blogue (em galego isolacionista) para a sua propaganda xenófoba: identidadegalega.blogia.com/

  • one2

    😆 😆 😆 😆 😆 😆 😆 😆 ai que me escaralho 😆

    A menos galego-falantes na Galiza, tocamos menos a repartir 😆 😆 😆

    Pero tamén tuven unha revelación familiar, por parte de meu pai Claro claro 😆

    Recrutaste já três moços da tua idade?
    Xián: Sí, dúas mozas e un portugués, XD
    Isso digo eu XDDDD

    Deduzo logo que no teu modelo de língua oral nunca dirias cousas como “corasón“…
    Xián: Se cadra por facer a coña e tal, pero bueno, falando normal non, claro que non.
    😆

  • Tomze-adito

    parabéns gerardinho, muito muito bom!!! Estes isolos :-D:-D:-D:-D:-D:-D:-D:-D:-D:-D:-D:-D:-D:-D:-D:-D:-D:-D pensam que falam gallego de pueblo, É QUE ME ESCANGALHO VIVO!!!!!!!!!

    que deixem de dizer “povo”, “outono”, ” orzamento”, “investimento”, “xuros”, “luns”, “martes”, “mércores”, “xoves” etc. etc e TODOS OS INVENTOS QUE SAEM TODOS OS DIAS DAS AFORAS DE SANTIAGO (cENTRO RAMÓN PIÑEIRO) DA PRAZA DA UNIVERSIDADE (ILG), da rua Carvalho calero (Facultade de filoloxía da USC) e Campus de Vigo.

    QUE INVENTEM ELES!

  • para inventos, o “bom” que empregan vostedes cando queren dicir “bueno”.
    artificiais! 😀

  • Artificiais? Tendo preconceitos, quem precisa de argumentos 😛

  • lolov

    XD XD XD
    Muito mais “guai” esta entrevista que a original, “o sea”… Parabéns 😉

www.000webhost.com