O Caminho Antigo [3]

Encontro-me surpreendido com a seguinte revelação: o sítio O Caminho Antigo foi escolhido como sítio do dia no passado 21 deste mês pola página Pixelmakers.

caminho_usaNunca acaberei de perceber por inteiro como é que em toda a parte consideram este sítio como de autoria estado-unidense, quando a maior parte do trabalho foi obra de galegas e de galegos que passárom todo um mês de trabalho, doze horas ao dia (às vezes mais).

Quando menos, espera-se um certo reconhecimento, mas nunca parece chegar. Até o momento, os prémios recebidos fôrom-no para a os EUA, nada para a Galiza (dos chilenos, melhor nem falarmos).


Publicado

em

,

por

Etiquetas:

Comentários

4 comentários a “O Caminho Antigo [3]”

  1. Avatar de CheXire
    CheXire

    Como parte implicada, direi que é certo que eu agardaba (e agardo) algo máis de tacto por parte dos responsables á hora de distribuir os méritos. Pasou nos malofiej, nos Horizon e agora co de Pixelmaker.

    Unha vez dito iso (cousa que xa lle comunicamos a quen correspondía) paréceme esaxerado dicir que os 14 galegos (máis os profesores da USC vinculados ó proxecto)fomos os que fixemos a maior parte do traballo. Iso non é así nin para o bó nin para o malo. Nin para levarnos os grandes méritos da páxina, nin para cargar cos grandes defectos.

    É certo que exercemos de anfitrións e na medida das nosas posibilidades creo que o fixemos o mellor que poidemos. Sen embargo, nin eramos maioría en canto a alumnos, nin en canto profesores, nin en canto recursos. A idea de facer o proxecto non foi nosa, nin nosa era a infraestructura básica de traballo.

    Que quede claro que con isto non digo para nada que o traballo dos 14 galegos desmereza respecto ó dos estadounidense ou dos chilenos. Ben ó contrario, para ser a primeira vez que participamos nun proxecto deste tipo, creo que soubemos estar á altura das circunstancias.

    Tamén é certo que para estes premios -como para todos- é necesaria unha labor de promoción na que nós estamos totalmente alleos.

    Repito, gustaríame algo máis de tacto (van xa 3 veces que pasa) pero tampouco hai que sacar as cousas de quicio. O noso maior premio estivo na experiencia que adquirimos, e esa non fai falta que lle colguen bandeiras.

    O demáis son medallas que gusta lucir e que jode cando non che deixan lucilas, pero en todo caso, son elementos accesorios. Cada un que cargue coa súa parte de culpa e cos seus méritos.

    “Y vaya coñazo que he soltado”, que diría o inefable Aznar.

  2. Avatar de Uz
    Uz

    Bom, também teríamos de matizar que não foi o mesmo trabalho em todas as áreas.

    Eu penso um pouco em pessoas como as de áudio cujo trabalho não foi respeitado, que tivérom de recomeçar 50.000 vezes (em ocasiões, para nada), que tivérom que pelejar com todo o mundo, que a sua parte a figérom em solitário… Ao tempo que viam que os seus teóricos companheiros não a ranhavam e que, quando o faziam, era para desvirtuar um trabalho no qual não se implicaram (como o ínclito Nathan).

    Perguntalhe a Fa, por exemplo, se ela não trabalhou na sua parte mais do que todos os ‘companheiros’ que lhe tocou aturar. E como ela, outros.

    Não devias ser tão benevolente com essa gentalha. Entre outras cousas, porque vos metêrom um mês de pressa para tudo e eles estivérom os 3 seguintes a fazerem que? Se em dezembro ainda não estava acabada a página! (Eu pergunto, realmente esta-o agora, ao menos como imaginávades que devia ser?).

    Seguro que lhes dei lenha de mais, mas muita menos não mereciam, e nem muito menos que sejas tão compreensivo com eles.

    ‘O Caminho Antigo’, aos olhos do mundo, é cousa deles, e que vós tenhais aprendido muito não é algo baladi, mas tampouco penso que seja o prioritário, sobretudo porque os ocupados de seleccioar pessoal miram mais para o currículo do que para a competência. E, neste caso, estão-lhe fazendo muito mal ao vosso currículo, não crês?

    E parafrasando-vos a ti e ao Aznar, “vaya coñazo que he soltado”.

  3. Avatar de CheXire
    CheXire

    Todos, non só os de audio tivemos problemas e dificultades e atravesamos por cousas que nos parecían moi mellorables, sobre en todo en canto a estructura de traballo. Durante máis da metade do proxecto eu fun quen máis me queixei, e visto coa perspectiva de case un ano, penso que nalgunhas cousas acertaba e noutras dramatizaba.

    É moi posible que se lle preguntasemos a eles, tamén teñan queixas de nós, non o sei.

    Pero volvo ó que volvo. Todo isto non significa que nós fixéramos a maior parte do traballo. Fixemos o que fixemos e é o que nos corresponde valorar, para o bó e para o malo. E o mesmo para eles. Se se ocuparon da maioría dos contidos, a eles lles corresponde polo tanto a maioría dos halagos e a maioría das críticas que se poidan facer.

    E que queres que che diga, o que aprendín si que me parece o prioritario por riba dos premios.
    O curriculum, pois mira, está moi ben, e canto máis cheo mellor, pero como che dixen non estamos falando do Nobel nin do Pulitzer. ¿Que podían ser máis cuidadosos? Pois si. ¿Que podían ter, como mínimo, algo máis de tacto e interese en que a todos se nos valorase os nosos méritos? Pois tamén. Pero tampouco hai que dramatizar.

    E home, non lles chames “gentalha” que iso está moi feo. Á gran maioría nin os coñeceches (eu tampouco,por outra banda) e ó lerche, calquera diría que aínda estás ti máis molesto ca nós, oh! 😉

  4. Avatar de Uz
    Uz

    >> E home, non lles chames “gentalha” que iso está moi feo. Á gran maioría nin os coñeceches (eu tampouco,por outra banda) e ó lerche, calquera diría que aínda estás ti máis molesto ca nós, oh! 😉

    Mais não. Eu estou molesto à minha maneira.

    ‘Gentalha’, aplicada a todos, está feio, sei. Mas refiro-me ao jeito deles de se comportar ‘a posteriori’ (levando todos os méritos, vamos).

    Enfim, se cumpre matizar, farei-no. Deixamo-lo em “gente com pouco tacto social”?

    Enfim (II): como diz o provérbio, “morto o cão, morta a raiva”. Agora eles estão com outro projecto onde poderão levar todos os méritos sem que ninguém proteste, porque trabalharão com gente servil que sabe assumir o seu papel secundário (ou terciário). Amém.