Haiku

Ponho por cá um haiku que se me ocorreu numa tarde-noite que ainda estava um bocadinho lúzido…

quase noite fecha, aterecido de frio;
reparei em que o dia abrira


%

A inspiração deste haiku véu-me estando muito bem acompanhado. E foi também assim que se me ocorreu publicá-lo. Havia 20 dias que não podia publicar nada… muito obrigado! muito m’importas!

  • eu no xardín

    Sentar ou ficar de pé, pero sobre todo agardar que pase algo. Mirando un lugar concreto varias veces ao longo do tempo descóbrense cambios. Parabés polo que deches atopado ti.

    Ultimamente estou descubrindo significados novos para algunhas palabras, entendendo pedazos de cancións que antes se aliaban para se me faceren inintelixíbeis.

    Cando levamos as suficientes experiencias acumuladas ás costas para poder pasar páxina? claro que tampouco sei por cal esquina se colle para cambiala.

    A de arriba ou a de abaixo? Seguro que hai que facer un movemento pendular. Tanta simetría non pode ser boa.

    Agora teño unha imaxe mental dun cadrado composto de catro elementos diferentes separados entre sí. A organización do espazo é importante, isto lémbrame unha disposición propia do feng sui.

    Se ben neste caso un/unha non agarda desprevenido/a que pasen as cousas, procúrase estar un/unha e que estean (elas) o mellor dispostas posible para aproveitar a enerxía que se desprenda.

    Desde logo que así tamén se descobren.

    Os efetos das condicións de produción (da realidade ou do que sexa) refíctense nas estruturas (do pensamento ou do que sexa).

www.000webhost.com